jueves, 21 de febrero de 2013

Novas sobre a Orde de admisión

Nos centros estamos pendentes da publicación da Orde de admisión para iniciar todo proceso de reserva de prazas e admisión de novo alumnado.
Recibimos información de que as datas que se están barallando son:
-Reserva de praza nos centros de adscrición: do 18 ao 22 de marzo (coméntase da posibilidade de que a reserva se presente no centro actual e este dea traslado ao centro receptor do alumnado).
-Sorteo da letra para desempates: antes do 5 de abril.
- Publicación dos postos vacantes: antes do 5 de abril. 
- Presentación de solicitudes de praza: do 5 ao 12 de abril. 
- Presentación de documentación: do 18 ao 26 de abril.
- Publicación de listaxes provisionais de admitidos: antes do 10 de maio. 
- Publicación de listaxes definitivas de admitidos: antes do 31 de maio. 
Os prazos de matrícula mantéñense nos mesmo prazos que contemplaba a anterior Orde.
Reiteramos que son datas oficiosas que se deberán confirmar coa publicación da Orde no DOG que podería ser arredor o 14 de marzo.


A FEGADICEP, respectando as decisións e autonomía de cada Centro, recomenda que no referido ao artigo 9.3.i)* do Decreto 254/2012 se propoña a aprobación polo consello escolar do Centro como criterio obxectivo a baremar, valorado con 1 punto, por elección de centro público.

Se temos algunha nova máis farémola chegar.

*DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
.../...
Artigo 9. Criterios xerais de admisión do alumnado.
3. Naqueles centros sostidos con fondos públicos onde non existan prazas suficientes para atender todas as solicitudes, e unha vez adxudicadas as prazas que proceda en aplicación do establecido no número anterior, o proceso de admisión rexerase, en todo caso, polos seguintes criterios e a súa valoración:
.../...
i) Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, e que terán que facerse públicos polos centros con anterioridade ao inicio do proceso de admisión: 1 punto.