viernes, 14 de marzo de 2014
martes, 11 de marzo de 2014
Modificación do lugar de celebración das V Xornadas (2ª parte)
Un imprevisto obrigounos a cambiar o lugar de celebración da 2ª parte das V Xornadas, inicialmente previsto en CERSIA, como se tiña informado.
O novo lugar de celebración é o IES As Fontiñas, (Calle Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela,
Teléfono: 981 57 34 40) moi próximo ao lugar inicialmente programado. Nas proximidades atópase Área Central e é fácil atopar aparcamento. No plano que vai a continuación tedas a ubicación do IES As Fontiñas e, para os que quededes ao xantar, do restaurante.
Ver V Xornadas: IES As Fontiñas e restaurante en un mapa más grande
O novo lugar de celebración é o IES As Fontiñas, (Calle Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela,
Teléfono: 981 57 34 40) moi próximo ao lugar inicialmente programado. Nas proximidades atópase Área Central e é fácil atopar aparcamento. No plano que vai a continuación tedas a ubicación do IES As Fontiñas e, para os que quededes ao xantar, do restaurante.
Para formalizar a inscrición , aqueles que aínda non o fixerades, precisamos que nos enviedes cuberto o seguinte cuestionario: Cuestionario de inscrición.
Para as e os que desexedes quedar a xantar (Restaurante Paz Nogueira situado no mapa que se anexa ao final Menú), dicirvos que o importe do xantar é de 25 euros. Os que non sexades socios de ningunha das asociacións que integran a Federación, o ingreso do importe do xantar deberedes facelo na conta de Novagaliciabanco 2091-0343-74-3040007650
O xustificante do ingreso deberá enviarse por correo electrónico, indicando o nome e apelidos do asistente, a: fegadicep@gmail.com
Para os socios, cada Asociación encargarase de recadar o importe do xantar dos seus asociados.
Clicando nos iconos tedes a ubicación do lugar de celebración e/ou do restaurante, enlaces web e, facilitando o lugar de orixe, poderedes obter a ruta para chegar.Ver V Xornadas: IES As Fontiñas e restaurante en un mapa más grande
martes, 4 de marzo de 2014
V Xornadas (2ª parte): "As TIC: novos retos. Outras solucións"
O 14 de marzo de 2014 celebraremos en Santiago a 2ª parte
das V Xornadas da FEGADICEP e que este ano titulamos “As TIC: novos retos”. Lembramos que a primeira parte xa tivo lugar o 27 de
novembro de 2013 co título "Apple en Educación".
Nesta ocasión o lugar de celebración
será CERSIA (Rúa do Alcalde Raimundo López. Pol. Santiago de Compostela, Tel. 981
54 24 93) Tedes a situación do lugar de celebración no mapa que se anexa ao final desta información.
Programa e contidos:
1. Escudo WEB. Proteccion de menores - Uso en Mobilidade - Novidades. Version gratis e versión de pago
2. STI:
-PDi + VideoProxector ultracorto / Comentario sobre PDi LED táctiles
-Presentación de Cámara Documentos / Realidade aumentada.
-Presentación Tablet Multiclass
-Breve comentario sobre Laboratorio Idiomas
3. Aplicacións para Android.
4. Presentacion da PSS (Pantalla sen SOMBRA).
Díptico.
2. STI:
-PDi + VideoProxector ultracorto / Comentario sobre PDi LED táctiles
-Presentación de Cámara Documentos / Realidade aumentada.
-Presentación Tablet Multiclass
-Breve comentario sobre Laboratorio Idiomas
3. Aplicacións para Android.
4. Presentacion da PSS (Pantalla sen SOMBRA).
Díptico.
Horario:
9:30
horas: Entrega de documentación
10:00
horas: Presentación e primeira parte.
12:00
horas: Descanso
12:30
horas: Parte final.
Ponentes
-Presentación a cargo de José Juan Nimo, responsable da
empresa DISMEDIA.
-Escudo web: Carlos Rueda Galán. Técnico en Informática e
Técnico en Electrónica de Telecomunicacións. Xerente da empresa Eboratech,
adicada á informática. Empresa especializada en educación na provincia de
Toledo. Dende o ano 2010 creador e responsable do Escudo Web Software.
Fabricante de software de seguridade aplicado á educación, o fogar e a empresa.
Creador da Suite Educativa Escudo Web. Control de Aula, Filtro de Internet e
Localizador por IP e GPS.
-Informacion sobre STI: Jose
Antonio Sánchez (Delegado Comercial) que é responsable de Marketing de STI.
Para formalizar a inscrición precisamos que nos enviedes
cuberto o seguinte cuestionario: Cuestionario de inscrición.
Para as e os que desexedes quedar a xantar (Restaurante Paz Nogueira situado no mapa que se anexa ao final Menú),
dicirvos que o importe do xantar é de 25 euros. Os que non sexades socios de
ningunha das asociacións que integran a Federación, o ingreso do importe do xantar deberedes facelo
na conta de Novagaliciabanco 2091-0343-74-3040007650
O xustificante do ingreso deberá enviarse por correo electrónico,
indicando o nome e apelidos do asistente, a: fegadicep@gmail.com
Para os socios, cada Asociación encargarase de recadar o
importe do xantar dos seus asociados.
Mapa: lugar da actividade e restaurante para o xantar.
Aparcamento: tedes moi próximo ao lugar da actividade o aparcadoiro do estadio de San Lázaro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)