martes, 16 de octubre de 2012

IV Xornadas: Novos tempos, novos retos para as direccións dos centros públicos.


Data: Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2012.
Lugar: CIFP Politécnico de Santiago

Programa da actividade:
9:30 - 10:00. 
Entrega de carpetas e presentación das   IV Xornadas.
10:00 – 11:30.  
-Panorama xeral da dirección dos centros públicos en Cataluña.
-Principais novidades na Lei de Educación de Cataluña (LEC)
-O futuro da dirección. Análise de intencións na LOMCE
11:30 – 12:00 
Descanso
12:00 – 14:00 
-Coloquio.
14,00
Clausura.
14,30:
Xantar

Inscrición na xornada:
Os socios das asociacións integrantes de  FEGADICEP inscribiranse a través de cada unha delas.
Os non socios poderanse inscribir por correo electrónico ao enderezo: fegadicep@gmail.com 
A data límite para inscribirse nas IV Xornadas será o xoves 25 de outubro.
Inscrición gratuíta para socios e aboando 15 € os non socios, que se deberán ingresar antes do día 25 na conta de Novagalicia banco 2091-0343-74-3040007650. 
O xustificante do ingreso enviarase no correo electrónico xunto cos datos persoais. 

Xantar:
O xantar ten un custo de 30,00€. 
Aqueles asistentes que vaian quedar a xantar deberán seguir as mesmas instruccións que para inscribirse nas Xornadas, segundo sexan socios ou non. 

Ponente:
Mestre, licenciado en Historia e Xeografía e licenciado en Ciencias da Educación, especialidade Organización e Xestión de Centros.
Experiencia:
- Profesor de EXB en Lleida e Barcelona
- Profesor de Secundaria
- Profesor asociado da Universidade de Barcelona .
- Secretario, Xefe de estudos e Director de centro. 
- Inspector de Educación e inspector xefe adxunto en Lleida
Actividades:
- Presidente daAsociación de Inspectores de Educación de Cataluña (2008-2010).
- Presidente de FEAE de Cataluña (2004-2007).
- Presidente estatal de FEAE (Fórum Europeo de Administradoras da Educación), asociado ao European Forum of Administration on Education, asociación instaurada en 23 países europeos. Dende o 2009 ata agora.
- Presidente do consello editorial da revista OGE (Organización y Gestión Educativa).
- Membro do Consello asesor das revistas GUIX e AULA
- Autor numerosos artigos en revistas especializadas.

Lugar de celebración:
CIFP Politécnico de Santiago
Avda.Rosalia de Castro 133. 
Santiago de Compostela.
A Coruña
(Na entrada a Santiago polo Sur, ao lado do Hotel Peregrino)
Teléf.: (981)522062 Fax: (981)520133
correo electrónico: cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.es 

miércoles, 11 de abril de 2012

Resultado da enquisa aos centros


COMPARACIÓN DOS INGRESOS  RECIBIDOS  DA CONSELLERÍA PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO ENTRE OS ANOS 2007 E 2011
(Datos enviados por 119 colexios públicos de infantil e primaria)
CONCLUSIÓN  FINAL: En relación ao 2007,  os centros de ensino galegos recibiron para o ano 2011 un 25,10 % menos de diñeiro para gastos de funcionamento.
1.- DIÑEIRO RECIBIDO PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO

2007
2011
VARIACIÓN
Cantidade total dos 119 centros
1.771.723 €
2.170.948 €
+ 399.225 €
Cantidade media por centro
14.888 €
18.243 €
+ 3.355
2.- No 2007 o gasóleo de calefacción era a cargo dos concellos e a partir dese curso pasou a formar parte dos gastos de funcionamento dos centros, polo que para facer a comparación o lóxico é ter en conta o diñeiro empregado no 2011 para esa partida.
* Diñeiro gastado no 2011 polos 119 centros en gasóleo: 657.935€
* Media de diñeiro de gasóleo por centro: 5.528 €
Se restamos ao diñeiro recibido o gasto de gasóleo,  a cantidade que queda por centro no ano 2011 para gastos de funcionamento estrito queda en 12.715 €, é dicir 2.173 € menos que a recibida no 2007
Gastos funcionamento 2007
14.888 €
Gastos funcionamento 2011 menos diñeiro para gasóleo
12.715 €
Porcentaxe de perda respecto ao 2007
- 14,60 %

3.- Variación do IPC entre os dous anos
Entre xaneiro de 2007 e decembro de 2010 o IPC acumulado en España, segundo datos do instituto nacional de estatística, foi de 10,5. Polo tanto ese dato debe engadirse ao anterior para ter unha idea exacta de cal foi realmente a diminución do diñeiro recibido polos centros para gastos de funcionamento
Porcentaxe de perda entre 2007 e 2011
14,60
Variación do IPC neses anos
10,5
PORCENTAXE DE DISMINUCIÓN REAL 
25,10
 4. As opinión das direccións
A isto hai que engadir a nova política dos gastos de funcionamento por gastos de telefonía.
As subidas constantes do gasóleo non permiten que os centros poidan axustar o seu orzamento tal como estaba previsto.
Moitos centros, debido a non substitución dos aparellos informáticos por parte da Consellería, tentan manter os seus sistemas informáticos adquirindo computadores de segunda man.
Enorme gasto en consumibles e reparación dos sistemas por non estar en garantía.
Retraso nos ingresos: inicial, partidas finalistas, programas específicos, etc.
Os centros de atención preferente con alumnado motorice ou necesidades específicas de atención educativa non reciben ningunha achega económica a maiores.

*Para visualizar mellor as imaxes picar sobre elas.

sábado, 3 de marzo de 2012

Enquisa aos centros: gastos de funcionamento

Os gastos de funcionamento dos colexios son claramente insuficientes. Curso a curso increméntanse as necesidades e os recursos vanse reducindo.
Os gastos de mantemento do equipamento informático, a redución  das cantidades asignadas nun 6% hai dous cursos e a conxelación no pasado ano son algunhas das causas. Pero o factor que máis incide son os gastos de gasóleo das calefaccións.
Desde que nos obrigaron a facernos cargo dos gastos de calefacción, o prezo do combustible aumentou ata case duplicar o prezo sen que as cantidades asignadas pola Consellería se vaian actualizando. Esta situación fai que para manter a calefacción nos colexios hai que reducir as partidas que destinamos ao funcionamento dos mesmos.
Na última reunión da FEGADICEP, que tivo lugar o 29 de febreiro de 2012, acordamos realizar unha enquisa, dirixida fundamentalmente aos centros infantil e primaria, para a que agradecemos a vosa colaboración.
O noso obxectivo é coñecer a situación real dos centros no que respecta aos gastos de funcionamento. Cando rematemos faremos públicos os resultados e demandaremos medidas para corrixir esta situación.
Se queredes colaborar neste estudio cubride o seguinte cuestionario en liña.