miércoles, 29 de marzo de 2017

jueves, 23 de marzo de 2017

Xantar VII Xornadas. Indicacións para chegar.

Os asistentes ás VII Xornadas da FEGADICEP que se anotaron ao xantar deberán dirixirse ao resturante Pedra Santa, próximo ao lugar de celebración das Xornadas, ao remate da sesión de formación.
O importe do xantar aboarase no propio local ao chegar.

lunes, 13 de marzo de 2017

VII Xornadas FEGADICEP: "Xestión pedagóxica e administrativa. O día a día do Equipo Directivo".

O 29 de marzo de 2017 celebraremos en Santiago as VII Xornadas da FEGADICEP co título .
“Xestión pedagóxica e administrativa. O día a día do Equipo Directivo.”
O lugar de celebración será CERSIA:
Rúa do Alcalde Raimundo López. Pol. Santiago de Compostela, Tel. 981 54 24 93

Programa:
9:30 - 10:00: Recepción dos asistentes.
10:00 – 12:00: -Documentos de xestión do centro.
Ponente: Federico Pérez Morán
12:00 – 12:30: Descanso
12:30 – 14:00 : -Aspectos básicos na xestión económica dun centro educativo.
Ponente: Dositeo Fernández Fuente.
14,00: Clausura.
14,30: Xantar
Para formalizar a inscrición precisamos que nos enviedes cuberto o seguinte cuestionario: Cuestionario de inscrición.
Aparcamento: tedes moi próximo ao lugar da actividade o aparcadoiro do estadio de San Lázaro.

A data límite para inscribirse nas VII Xornadas será o xoves 23 de marzo.
Inscrición gratuíta

Xantar:
O xantar ten un custo aproximado de 30,00€.

Tríptico informativo das VII Xornadas.

jueves, 12 de noviembre de 2015

Homenaxe a Xosé Antonio Pardo

Xosé Antonio Pardo Cuñarro reicibiu unha merecida homenaxe con motivo da súa xubilación. A Federación de Equipos Directivos FEGADICEP e a Asociación de Directores de Santiago organizáronlle un xantar que compartimos con directores e directoras da bisbarra que tamén se xubilaron recentemente.
Asistiron ao acto, ademais de moitos directores e directoras da bisbarra, representantes das Asociacións de Galicia que integran a Federación que Xosé Antonio presidiu ata hai uns meses. Tamén compartiron o xantar  o Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana Leira, e o Xefe do Servizo de Inspección da Coruña, Fermín Álvarez Lata. Foi un acto moi emotivo no que todos os asistentes loubaron a traxectoria profesional do homenaxeado que sempre se destacou polo da defensa do ensino público.
Xosé Antonio exerceu a dirección no CEIP Vite I e foi así mesmo integrante da Xunta Provinvial de Directores da Coruña e da Xunta Autonómica. Desde a Federación de Equipos Directivos de Galicia queremos agradecerlle o seu traballo e esforzo e desexámoslle que disfrute desta nova etapa e que poida vivila coa mesma intensidade que a súa vida profesional.

martes, 13 de enero de 2015

VI Xornadas da FEGADICEP “Dirección de centros públicos: Educar na era dixital”

O 4 de febreiro de 2015 celebraremos en Santiago as VI Xornadas da FEGADICEP e que este ano titulamos “Dirección de centros públicos: Educar na era dixital”.
O lugar de celebración será CERSIA (Rúa do Alcalde Raimundo López. Pol. Santiago de Compostela, Tel. 981 54 24 93).
Programa:
9,30. Recepción dos asitentes.
10-14. Ponencia.
Haberá un pequeno receso a media mañá para tomar un café.
A ponencia das Xornadas será impartida por D. Ángel I. Pérez Gómez.
Para formalizar a inscrición precisamos que nos enviedes cuberto o seguinte cuestionario: Cuestionario de inscrición.

Aparcamento: tedes moi próximo ao lugar da actividade o aparcadoiro do estadio de San Lázaro.