jueves, 12 de noviembre de 2015

Homenaxe a Xosé Antonio Pardo

Xosé Antonio Pardo Cuñarro reicibiu unha merecida homenaxe con motivo da súa xubilación. A Federación de Equipos Directivos FEGADICEP e a Asociación de Directores de Santiago organizáronlle un xantar que compartimos con directores e directoras da bisbarra que tamén se xubilaron recentemente.
Asistiron ao acto, ademais de moitos directores e directoras da bisbarra, representantes das Asociacións de Galicia que integran a Federación que Xosé Antonio presidiu ata hai uns meses. Tamén compartiron o xantar  o Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana Leira, e o Xefe do Servizo de Inspección da Coruña, Fermín Álvarez Lata. Foi un acto moi emotivo no que todos os asistentes loubaron a traxectoria profesional do homenaxeado que sempre se destacou polo da defensa do ensino público.
Xosé Antonio exerceu a dirección no CEIP Vite I e foi así mesmo integrante da Xunta Provinvial de Directores da Coruña e da Xunta Autonómica. Desde a Federación de Equipos Directivos de Galicia queremos agradecerlle o seu traballo e esforzo e desexámoslle que disfrute desta nova etapa e que poida vivila coa mesma intensidade que a súa vida profesional.