sábado, 26 de octubre de 2013

Estatística folga xeral 24 de outubro 2013

Nº de alumnos do centro
Nº de alumnos que non asiste ás clases
Nº total plantilla profesorado
Nº total profesores que secundan a folga
Nº de persoal non docente
Nº total de persoal non docente que secunda a folga
nº centros
A Coruña
45217
30371
4206
1809
459
45
191
Lugo
8493
3756
1002
294
160
9
57
Ourense
6953
4511
741
283
109
12
42
Pontevedra
33687
25773
3139
1465
245
19
149
Total
94350
64411
9088
3851
973
85
439
Porcentaxe
Galicia

68,2%

42,3%

8,7%


Porcentaxe por provincias:
Alumnado que non asistiu a clase
Profesorado que asumíu a folga
Persoal non docente que asumíu a folga
A Coruña
67,00%
43%
9,80%
Lugo
44,20%
29,30%
5,60%
Ourense
64,80%
38,00%
11,00%
Pontevedra
76,50%
46,60%
7,70%

martes, 8 de octubre de 2013

V Xornadas: "Apple en Educación"

O 27 de novembro celebraremos en Santiago as V XORNADAS da FEGADICEP e que este ano titulamos As TIC: novos retos.
Esta actividade de formación desenvolverase en varias sesións, e a primeira será "Apple en Educación" o mencionado día. Quedando para o segundo trimestre outras plataformas.

Programa:

09,30-10,00h         Benvida e presentación (AS Compputer)
10,00-10,30h         Apple en educación (Jose V Climent)
10,30-11,15h         Aprendendo co iPad (apps, ibooks, itunes U) (ADEs)
11,15-11,45h         Descanso
11,45-12,30h         Caso 1 (Ignacio Martín)
12,30-13,15h         Caso 2 (José Ramón Navarro)
13,15-13,30h         Peche

Para formalizar a inscrición precisamos que nos enviedes cuberto o cuestionario que vos indicamos neste enlace:

https://docs.google.com/forms/d/1TMAIpHanPsnHPdun3jT2_HszDR0B2Ztwg3_YBMtSNt8/viewform

Para as e os que desexedes quedar a xantar connosco, dicirvos que o importe do xantar é de 35 euros. Os que non sexades socios de ningunha das asociación que integran a Federación, o ingreso deberedes facelo na conta de Novagaliciabanco 2091-0343-74-3040007650
O xustificante do ingreso enviarase por correo electrónico, indicando o nome e apelidos do asistente, a: fegadicep@gmail.com
Para os socios, cada Asociación encargarase de recadar o importe do xantar.

jueves, 21 de febrero de 2013

Novas sobre a Orde de admisión

Nos centros estamos pendentes da publicación da Orde de admisión para iniciar todo proceso de reserva de prazas e admisión de novo alumnado.
Recibimos información de que as datas que se están barallando son:
-Reserva de praza nos centros de adscrición: do 18 ao 22 de marzo (coméntase da posibilidade de que a reserva se presente no centro actual e este dea traslado ao centro receptor do alumnado).
-Sorteo da letra para desempates: antes do 5 de abril.
- Publicación dos postos vacantes: antes do 5 de abril. 
- Presentación de solicitudes de praza: do 5 ao 12 de abril. 
- Presentación de documentación: do 18 ao 26 de abril.
- Publicación de listaxes provisionais de admitidos: antes do 10 de maio. 
- Publicación de listaxes definitivas de admitidos: antes do 31 de maio. 
Os prazos de matrícula mantéñense nos mesmo prazos que contemplaba a anterior Orde.
Reiteramos que son datas oficiosas que se deberán confirmar coa publicación da Orde no DOG que podería ser arredor o 14 de marzo.


A FEGADICEP, respectando as decisións e autonomía de cada Centro, recomenda que no referido ao artigo 9.3.i)* do Decreto 254/2012 se propoña a aprobación polo consello escolar do Centro como criterio obxectivo a baremar, valorado con 1 punto, por elección de centro público.

Se temos algunha nova máis farémola chegar.

*DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
.../...
Artigo 9. Criterios xerais de admisión do alumnado.
3. Naqueles centros sostidos con fondos públicos onde non existan prazas suficientes para atender todas as solicitudes, e unha vez adxudicadas as prazas que proceda en aplicación do establecido no número anterior, o proceso de admisión rexerase, en todo caso, polos seguintes criterios e a súa valoración:
.../...
i) Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, e que terán que facerse públicos polos centros con anterioridade ao inicio do proceso de admisión: 1 punto.