miércoles, 11 de abril de 2012

Resultado da enquisa aos centros


COMPARACIÓN DOS INGRESOS  RECIBIDOS  DA CONSELLERÍA PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO ENTRE OS ANOS 2007 E 2011
(Datos enviados por 119 colexios públicos de infantil e primaria)
CONCLUSIÓN  FINAL: En relación ao 2007,  os centros de ensino galegos recibiron para o ano 2011 un 25,10 % menos de diñeiro para gastos de funcionamento.
1.- DIÑEIRO RECIBIDO PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO

2007
2011
VARIACIÓN
Cantidade total dos 119 centros
1.771.723 €
2.170.948 €
+ 399.225 €
Cantidade media por centro
14.888 €
18.243 €
+ 3.355
2.- No 2007 o gasóleo de calefacción era a cargo dos concellos e a partir dese curso pasou a formar parte dos gastos de funcionamento dos centros, polo que para facer a comparación o lóxico é ter en conta o diñeiro empregado no 2011 para esa partida.
* Diñeiro gastado no 2011 polos 119 centros en gasóleo: 657.935€
* Media de diñeiro de gasóleo por centro: 5.528 €
Se restamos ao diñeiro recibido o gasto de gasóleo,  a cantidade que queda por centro no ano 2011 para gastos de funcionamento estrito queda en 12.715 €, é dicir 2.173 € menos que a recibida no 2007
Gastos funcionamento 2007
14.888 €
Gastos funcionamento 2011 menos diñeiro para gasóleo
12.715 €
Porcentaxe de perda respecto ao 2007
- 14,60 %

3.- Variación do IPC entre os dous anos
Entre xaneiro de 2007 e decembro de 2010 o IPC acumulado en España, segundo datos do instituto nacional de estatística, foi de 10,5. Polo tanto ese dato debe engadirse ao anterior para ter unha idea exacta de cal foi realmente a diminución do diñeiro recibido polos centros para gastos de funcionamento
Porcentaxe de perda entre 2007 e 2011
14,60
Variación do IPC neses anos
10,5
PORCENTAXE DE DISMINUCIÓN REAL 
25,10
 4. As opinión das direccións
A isto hai que engadir a nova política dos gastos de funcionamento por gastos de telefonía.
As subidas constantes do gasóleo non permiten que os centros poidan axustar o seu orzamento tal como estaba previsto.
Moitos centros, debido a non substitución dos aparellos informáticos por parte da Consellería, tentan manter os seus sistemas informáticos adquirindo computadores de segunda man.
Enorme gasto en consumibles e reparación dos sistemas por non estar en garantía.
Retraso nos ingresos: inicial, partidas finalistas, programas específicos, etc.
Os centros de atención preferente con alumnado motorice ou necesidades específicas de atención educativa non reciben ningunha achega económica a maiores.

*Para visualizar mellor as imaxes picar sobre elas.

sábado, 3 de marzo de 2012

Enquisa aos centros: gastos de funcionamento

Os gastos de funcionamento dos colexios son claramente insuficientes. Curso a curso increméntanse as necesidades e os recursos vanse reducindo.
Os gastos de mantemento do equipamento informático, a redución  das cantidades asignadas nun 6% hai dous cursos e a conxelación no pasado ano son algunhas das causas. Pero o factor que máis incide son os gastos de gasóleo das calefaccións.
Desde que nos obrigaron a facernos cargo dos gastos de calefacción, o prezo do combustible aumentou ata case duplicar o prezo sen que as cantidades asignadas pola Consellería se vaian actualizando. Esta situación fai que para manter a calefacción nos colexios hai que reducir as partidas que destinamos ao funcionamento dos mesmos.
Na última reunión da FEGADICEP, que tivo lugar o 29 de febreiro de 2012, acordamos realizar unha enquisa, dirixida fundamentalmente aos centros infantil e primaria, para a que agradecemos a vosa colaboración.
O noso obxectivo é coñecer a situación real dos centros no que respecta aos gastos de funcionamento. Cando rematemos faremos públicos os resultados e demandaremos medidas para corrixir esta situación.
Se queredes colaborar neste estudio cubride o seguinte cuestionario en liña.