COMPARACIÓN DOS INGRESOS
RECIBIDOS DA CONSELLERÍA PARA
GASTOS DE FUNCIONAMENTO ENTRE OS ANOS 2007 E 2011
(Datos enviados por
119 colexios públicos de infantil e primaria)
CONCLUSIÓN FINAL: En
relación ao 2007, os centros de ensino
galegos recibiron para o ano 2011 un 25,10 % menos de diñeiro para gastos de
funcionamento.
1.- DIÑEIRO
RECIBIDO PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO
2007
|
2011
|
VARIACIÓN
|
|
Cantidade total dos 119 centros
|
1.771.723 €
|
2.170.948 €
|
+ 399.225 €
|
Cantidade media por centro
|
14.888 €
|
18.243 €
|
+ 3.355
|
2.- No 2007 o gasóleo
de calefacción era a cargo dos concellos e a partir dese curso pasou a
formar parte dos gastos de funcionamento dos centros, polo que para facer a comparación
o lóxico é ter en conta o diñeiro empregado no 2011 para esa partida.
* Diñeiro gastado no 2011 polos 119 centros en gasóleo: 657.935€
* Media de diñeiro de gasóleo por centro: 5.528 €
Se restamos ao diñeiro recibido o gasto de gasóleo, a cantidade que queda por centro no ano 2011
para gastos de funcionamento estrito queda en 12.715 €, é dicir 2.173 € menos
que a recibida no 2007
Gastos funcionamento 2007
|
14.888 €
|
Gastos funcionamento 2011 menos diñeiro para gasóleo
|
12.715 €
|
Porcentaxe de perda respecto ao 2007
|
- 14,60 %
|
3.- Variación
do IPC entre os dous anos
Entre xaneiro de 2007 e decembro de 2010 o IPC acumulado en España, segundo
datos do instituto nacional de estatística, foi de 10,5. Polo tanto ese dato
debe engadirse ao anterior para ter unha idea exacta de cal foi realmente a
diminución do diñeiro recibido polos centros para gastos de funcionamento
Porcentaxe de perda entre 2007 e 2011
|
14,60
|
Variación do IPC neses anos
|
10,5
|
PORCENTAXE DE DISMINUCIÓN REAL
|
25,10
|
4.
As opinión das direccións
A isto hai que engadir a nova política dos gastos de
funcionamento por gastos de telefonía.
As subidas constantes do gasóleo non permiten que os
centros poidan axustar o seu orzamento tal como estaba previsto.
Moitos centros, debido a non substitución dos aparellos
informáticos por parte da Consellería, tentan manter os seus sistemas
informáticos adquirindo computadores de segunda man.
Enorme gasto en consumibles e reparación dos sistemas por
non estar en garantía.
Retraso nos ingresos: inicial, partidas finalistas,
programas específicos, etc.
Os centros de atención preferente con alumnado motorice ou necesidades
específicas de atención educativa non reciben ningunha achega económica a
maiores.