jueves, 12 de noviembre de 2015

Homenaxe a Xosé Antonio Pardo

Xosé Antonio Pardo Cuñarro reicibiu unha merecida homenaxe con motivo da súa xubilación. A Federación de Equipos Directivos FEGADICEP e a Asociación de Directores de Santiago organizáronlle un xantar que compartimos con directores e directoras da bisbarra que tamén se xubilaron recentemente.
Asistiron ao acto, ademais de moitos directores e directoras da bisbarra, representantes das Asociacións de Galicia que integran a Federación que Xosé Antonio presidiu ata hai uns meses. Tamén compartiron o xantar  o Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana Leira, e o Xefe do Servizo de Inspección da Coruña, Fermín Álvarez Lata. Foi un acto moi emotivo no que todos os asistentes loubaron a traxectoria profesional do homenaxeado que sempre se destacou polo da defensa do ensino público.
Xosé Antonio exerceu a dirección no CEIP Vite I e foi así mesmo integrante da Xunta Provinvial de Directores da Coruña e da Xunta Autonómica. Desde a Federación de Equipos Directivos de Galicia queremos agradecerlle o seu traballo e esforzo e desexámoslle que disfrute desta nova etapa e que poida vivila coa mesma intensidade que a súa vida profesional.

martes, 13 de enero de 2015

VI Xornadas da FEGADICEP “Dirección de centros públicos: Educar na era dixital”

O 4 de febreiro de 2015 celebraremos en Santiago as VI Xornadas da FEGADICEP e que este ano titulamos “Dirección de centros públicos: Educar na era dixital”.
O lugar de celebración será CERSIA (Rúa do Alcalde Raimundo López. Pol. Santiago de Compostela, Tel. 981 54 24 93).
Programa:
9,30. Recepción dos asitentes.
10-14. Ponencia.
Haberá un pequeno receso a media mañá para tomar un café.
A ponencia das Xornadas será impartida por D. Ángel I. Pérez Gómez.
Para formalizar a inscrición precisamos que nos enviedes cuberto o seguinte cuestionario: Cuestionario de inscrición.

Aparcamento: tedes moi próximo ao lugar da actividade o aparcadoiro do estadio de San Lázaro.

martes, 11 de marzo de 2014

Modificación do lugar de celebración das V Xornadas (2ª parte)

Un imprevisto obrigounos a cambiar o lugar de celebración da 2ª parte das V Xornadas, inicialmente previsto en CERSIA, como se tiña informado.
O novo lugar de celebración é o IES As Fontiñas, (Calle Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, 
Teléfono: 981 57 34 40) moi próximo ao lugar inicialmente programado. Nas proximidades atópase Área Central e é fácil atopar aparcamento. No plano que vai a continuación tedas a ubicación do IES As Fontiñas e, para os que quededes ao xantar, do restaurante.


Para formalizar a inscrición , aqueles que aínda non o fixerades, precisamos que nos enviedes cuberto o seguinte cuestionario: Cuestionario de inscrición.
Para as e os que desexedes quedar a xantar (Restaurante Paz Nogueira situado no mapa que se anexa ao final Menú), dicirvos que o importe do xantar é de 25 euros. Os que non sexades socios de ningunha das asociacións que integran a Federación, o ingreso do importe do xantar deberedes facelo na conta de Novagaliciabanco 2091-0343-74-3040007650  
O xustificante do ingreso deberá enviarse por correo electrónico, indicando o nome e apelidos do asistente, a: fegadicep@gmail.com
Para os socios, cada Asociación encargarase de recadar o importe do xantar dos seus asociados.

Clicando nos iconos tedes a ubicación do lugar de celebración e/ou do restaurante, enlaces web e, facilitando o lugar de orixe, poderedes  obter a ruta para chegar.


Ver V Xornadas: IES As Fontiñas e restaurante en un mapa más grande

martes, 4 de marzo de 2014

V Xornadas (2ª parte): "As TIC: novos retos. Outras solucións"

O 14 de marzo de 2014 celebraremos en Santiago a 2ª parte das V Xornadas da FEGADICEP e que este ano titulamos “As TIC: novos retos”Lembramos que a primeira parte xa tivo lugar o 27 de novembro de 2013 co título "Apple en Educación". 
Nesta ocasión o lugar de celebración será CERSIA (Rúa do Alcalde Raimundo López. Pol. Santiago de Compostela, Tel. 981 54 24 93) Tedes a situación do lugar de celebración no mapa que se anexa ao final desta información.
Programa e contidos:
1. Escudo WEB. Proteccion de menores - Uso en Mobilidade - Novidades. Version gratis e versión de pago
2. STI:
      -PDi + VideoProxector ultracorto / Comentario sobre PDi LED táctiles
      -Presentación de Cámara Documentos / Realidade aumentada.
      -Presentación Tablet Multiclass
      -Breve comentario sobre Laboratorio Idiomas
3. Aplicacións para Android.
4. Presentacion da PSS (Pantalla sen SOMBRA).
Díptico.
Horario:
9:30 horas: Entrega de documentación
10:00 horas: Presentación e primeira parte.
12:00 horas: Descanso
12:30 horas: Parte final.
Ponentes
-Presentación a cargo de José Juan Nimo, responsable da empresa DISMEDIA.
-Escudo web: Carlos Rueda Galán. Técnico en Informática e Técnico en Electrónica de Telecomunicacións. Xerente da empresa Eboratech, adicada á informática. Empresa especializada en educación na provincia de Toledo. Dende o ano 2010 creador e responsable do Escudo Web Software. Fabricante de software de seguridade aplicado á educación, o fogar e a empresa. Creador da Suite Educativa Escudo Web. Control de Aula, Filtro de Internet e Localizador por IP e GPS.
-Informacion sobre STI: Jose Antonio Sánchez (Delegado Comercial) que é responsable de Marketing de STI.
Para formalizar a inscrición precisamos que nos enviedes cuberto o seguinte cuestionario: Cuestionario de inscrición.
Para as e os que desexedes quedar a xantar (Restaurante Paz Nogueira situado no mapa que se anexa ao final Menú), dicirvos que o importe do xantar é de 25 euros. Os que non sexades socios de ningunha das asociacións que integran a Federación, o ingreso do importe do xantar deberedes facelo na conta de Novagaliciabanco 2091-0343-74-3040007650  
O xustificante do ingreso deberá enviarse por correo electrónico, indicando o nome e apelidos do asistente, a: fegadicep@gmail.com
Para os socios, cada Asociación encargarase de recadar o importe do xantar dos seus asociados.
Mapa: lugar da actividade e restaurante para o xantar.
Aparcamento: tedes moi próximo ao lugar da actividade o aparcadoiro do estadio de San Lázaro.
Ver V Xornadas: Cersia e restaurante en un mapa más grande