Os asistentes ás VII Xornadas da FEGADICEP que se anotaron ao xantar deberán dirixirse ao resturante Pedra Santa, próximo ao lugar de celebración das Xornadas, ao remate da sesión de formación.
O importe do xantar aboarase no propio local ao chegar.
jueves, 23 de marzo de 2017
lunes, 13 de marzo de 2017
VII Xornadas FEGADICEP: "Xestión pedagóxica e administrativa. O día a día do Equipo Directivo".
O 29 de marzo de 2017 celebraremos en Santiago as VII Xornadas da FEGADICEP co título .“Xestión pedagóxica e administrativa. O día a día do Equipo Directivo.”
O lugar de celebración será CERSIA:
Rúa do Alcalde Raimundo López. Pol. Santiago de Compostela, Tel. 981 54 24 93
Programa:
9:30 - 10:00: Recepción dos asistentes.
10:00 – 12:00: -Documentos de xestión do centro.
Ponente: Federico Pérez Morán
12:00 – 12:30: Descanso
12:30 – 14:00 : -Aspectos básicos na xestión económica dun centro educativo.
Ponente: Dositeo Fernández Fuente.
14,00: Clausura.
14,30: Xantar
Para formalizar a inscrición precisamos que nos enviedes cuberto o seguinte cuestionario: Cuestionario de inscrición.
Aparcamento: tedes moi próximo ao lugar da actividade o aparcadoiro do estadio de San Lázaro.
A data límite para inscribirse nas VII Xornadas será o xoves 23 de marzo.
Inscrición gratuíta
Xantar:
O xantar ten un custo aproximado de 30,00€.
Tríptico informativo das VII Xornadas.
jueves, 12 de noviembre de 2015
Homenaxe a Xosé Antonio Pardo
Xosé Antonio Pardo Cuñarro reicibiu unha merecida homenaxe con motivo da súa xubilación. A Federación de Equipos Directivos FEGADICEP e a Asociación de Directores de Santiago organizáronlle un xantar que compartimos con directores e directoras da bisbarra que tamén se xubilaron recentemente.
Asistiron ao acto, ademais de moitos directores e directoras da bisbarra, representantes das Asociacións de Galicia que integran a Federación que Xosé Antonio presidiu ata hai uns meses. Tamén compartiron o xantar o Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana Leira, e o Xefe do Servizo de Inspección da Coruña, Fermín Álvarez Lata. Foi un acto moi emotivo no que todos os asistentes loubaron a traxectoria profesional do homenaxeado que sempre se destacou polo da defensa do ensino público.
Xosé Antonio exerceu a dirección no CEIP Vite I e foi así mesmo integrante da Xunta Provinvial de Directores da Coruña e da Xunta Autonómica. Desde a Federación de Equipos Directivos de Galicia queremos agradecerlle o seu traballo e esforzo e desexámoslle que disfrute desta nova etapa e que poida vivila coa mesma intensidade que a súa vida profesional.

jueves, 5 de febrero de 2015
martes, 13 de enero de 2015
VI Xornadas da FEGADICEP “Dirección de centros públicos: Educar na era dixital”
O 4
de febreiro de 2015 celebraremos en Santiago as VI Xornadas da FEGADICEP e que este ano titulamos “Dirección de centros públicos: Educar
na era dixital”.
O lugar
de celebración será CERSIA (Rúa
do Alcalde Raimundo López. Pol. Santiago de Compostela, Tel. 981 54 24 93).
Programa:
9,30. Recepción dos asitentes.
10-14. Ponencia.
Haberá un pequeno receso a media mañá para tomar un café.
Programa:
9,30. Recepción dos asitentes.
10-14. Ponencia.
Haberá un pequeno receso a media mañá para tomar un café.
A ponencia das Xornadas será impartida por D. Ángel I. Pérez Gómez.
Para formalizar a inscrición precisamos que nos enviedes cuberto o seguinte
cuestionario: Cuestionario de inscrición.
Aparcamento: tedes moi próximo ao lugar da actividade o
aparcadoiro do estadio de San Lázaro.
viernes, 14 de marzo de 2014
martes, 11 de marzo de 2014
Modificación do lugar de celebración das V Xornadas (2ª parte)
Un imprevisto obrigounos a cambiar o lugar de celebración da 2ª parte das V Xornadas, inicialmente previsto en CERSIA, como se tiña informado.
O novo lugar de celebración é o IES As Fontiñas, (Calle Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela,
Teléfono: 981 57 34 40) moi próximo ao lugar inicialmente programado. Nas proximidades atópase Área Central e é fácil atopar aparcamento. No plano que vai a continuación tedas a ubicación do IES As Fontiñas e, para os que quededes ao xantar, do restaurante.
Ver V Xornadas: IES As Fontiñas e restaurante en un mapa más grande
O novo lugar de celebración é o IES As Fontiñas, (Calle Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela,
Teléfono: 981 57 34 40) moi próximo ao lugar inicialmente programado. Nas proximidades atópase Área Central e é fácil atopar aparcamento. No plano que vai a continuación tedas a ubicación do IES As Fontiñas e, para os que quededes ao xantar, do restaurante.
Para formalizar a inscrición , aqueles que aínda non o fixerades, precisamos que nos enviedes cuberto o seguinte cuestionario: Cuestionario de inscrición.
Para as e os que desexedes quedar a xantar (Restaurante Paz Nogueira situado no mapa que se anexa ao final Menú), dicirvos que o importe do xantar é de 25 euros. Os que non sexades socios de ningunha das asociacións que integran a Federación, o ingreso do importe do xantar deberedes facelo na conta de Novagaliciabanco 2091-0343-74-3040007650
O xustificante do ingreso deberá enviarse por correo electrónico, indicando o nome e apelidos do asistente, a: fegadicep@gmail.com
Para os socios, cada Asociación encargarase de recadar o importe do xantar dos seus asociados.
Clicando nos iconos tedes a ubicación do lugar de celebración e/ou do restaurante, enlaces web e, facilitando o lugar de orixe, poderedes obter a ruta para chegar.Ver V Xornadas: IES As Fontiñas e restaurante en un mapa más grande
Suscribirse a:
Entradas (Atom)